Ándele! Esto está Paranormal!

837

Os afeccionados ao terror españois están de noraboa. Os produtores da saga de Paranormal Activity, Jason Blum e Oren Peli, van-se asociar unha vez mais co guionista das secuelas Christopher Landon para crear un “spin-off” latino desta popular franquía, até agora salientábel por ter uns orzamentos moi baixos e unhas audiéncias moi altas.

Landon escribirá e dirixirá este filme, que non será unha secuela, relanzamento nin spinoff directo da saga orixinal de Paranormal Activity, senón mais ben un filme “curmán” dos anteriores, segundo describen na produtora. A diferéncia esencial é que contará cun reparto de actores latinos e tamén cunha mitoloxía paranormal baseada enteiramente na relixión católica. Mália que a película estará dirixida a unha audiéncia demográfica moi distinta da habitual, o filme rodará-se en inglés e non en español, o cal non deberá ser un obstáculo dado que o 100 % das películas estreadas nos países latinos están dobradas ao castelán.

A Paramount quere rodar este proxecto o antes posíbel e xa pensan nunha estrea que podería ser para o próximo mes de xaneiro, para que coincida co éxito deste ano The Devil Inside, tamén rodada en pouco tempo e estreada en xaneiro con grande éxito. Steven Schneider será asemade o produtor.