Ben Kingsley atópa-se negociando coa Marvel Studios e mais a Disney os derradeiros flecos do seu contrato para entrar no reparto do vindeiro filme de Shane Black, Iron Man 3, onde interpretaría ao supervilán.
Os rumores dicían que ía interpretar ao mais famoso inimigo de Tony Stark, O Mandarín, pero seica finalmente non vai ser así.
No seu lugar, o persoaxe ao que dará vida Kingsley será alguén relacionado coa difusión dun virus con nanorobots, un elemento central do argumento desta terceira entrega da saga de Iron Man e que seica estará mais ou menos baseada na minisérie Extremis dos cómics, orixinal do guionista Warren Ellis.
A Marvel polo de agora declinou facer mais comentários sobre o posíbel acordo. A rodaxe escomezará en Carolina do Norde no vindeiro mes de maio.