O remake de Suspiria, adiante

759

Mália os seus recentes fracasos en Your Highness e The Sitter, seica o realizador David Gordon Green ten xa asegurada a financiación de Suspiria, o longamente agardado remake do clásico do terror de Dario Argenta de 1977.

Polo de agora sábe-se que a Crime Scene Pictures, unha produtora que xa financiou no seu día o remake de Gambit, está disposta a poñer os cartos para este filme e que a rodaxe ten previsto escomezar no mes de setembro.

Green adaptou o guión coa axuda de Chris Gebert e esta versión narrará a andaina dun estudante americano de intercámbio en Europa que asiste a un coléxio que é en realidade a tapadeira dunha organización sinistra.

Green dixera en anteriores declaracións que o filme ía ser moi fiel ao orixinal, que é bastante surrealista: “En realidade é moi fiel. Vou poñer a miña parte nel, pero no que se refire ao guión, vai ficar moi fiel ao orixinal“. De feito, Green xa adquiriu os dereitos sobre a banda sonora orixinal, un clásico do grupo italiano Goblin que podedes relembrar nesta ligazón.