Xogo de Tronos, renovado oficialmente

0
207

Ainda que non é ningunha sorpresa, a canle HBO revelou antonte nunha nota de prensa oficial que ven de renovar por unha tempada mais, a terceira, a súa exitosa série fantástica de alto orzamento Game of Thrones.

As novas chegaron despois de que se deran a coñecer os dados de audiéncia para o primeiro episódio da segunda tempada, actualmente en emisión, e que axuntaron ao redor das pantallas a 8,3 millóns de espectadores tan só nos Estados Unidos. O segundo episódio supuxo tan só unha perda do 3 % desa audiéncia orixinal.

Tal e coma se falara anteriormente, o plan é dividir o terceiro tomo da saga de George R.R. Martin, A Storm of Swords, en dúas tempadas de dez episódios cadansúa. A novidade con respeito ás novas que se coñecían dende o ano pasado é que dado que a renovación é por unha soa tempada e non por dúas, a terceira e mais a cuarta tempadas non se rodarán conxuntamente e haberá que agardar á luz verde para o regreso en 2014.