Mel Gibson tenta rodar unha de heroes xudeus

0
93

A Warner Bros. Pictures ven de paralizar o proxecto de Mel Gibson para un filme baseado na figura de Xudas Macabeu, un guerreiro e caudillo xudeu que dirixiu as revoltas contra os sírios no século II antes da nosa era. Polo de agora non se sabe se o proxecto incluiría as numerosas referéncias fantásticas do persoaxe que se fan na Bíblia ou se só será unha narración histórica.