A Nai Ganso vai ter un filme de seu

0
108

A Hannover House, Inc. ven de adquirir os dereitos para todo o mundo sobre o guión de Mother Goose!, unha longametraxe fantástica de Michael Snyder, e quere escomezar a produción do proxecto este outono coa ideia de pode-lo estrear no verán de 2013.

Mother Goose! narra a história dun neno e unha nena que son irmáns, Jack and Jill, e que son máxicamente transportados a un mundo fantástico de contos de fadas cheo de persoaxes divertidos e situacións absurdas. Para poderen regresar á súa casa, os nenos deberán resolver tres adiviñas e obter unha chave máxica que ten a raíña do país, a Nai Ganso.

Agárda-se poder contar cunha estrela importante para o papel de Nai Ganso, e os produtores tamén queren facer-se coa participación dunha lista de famosos que teñan diversos cameos no papel de persoaxes coñecidos dos contos de fadas para nenos.

A rodaxe tería lugar principalmente en Arkansas, pero os cameos dos famsoso serían en Los Angeles, e moitos exteriores (especialmente as escenas con castelos) serán realizados en Polónia.