Ehrenreich entra nas “Fermosas Creaturas”

0
145

O actor de Tetro e Stoker Alden Ehrenreich ven de sustituír a Jack O’Connell (Skins) no vindeiro filme de Richard LaGravanese Beautiful Creatures.

O filme é a adaptación do primeiro libro da popular saga orixinal de Kami Garcia e Margaret Stohl, unha história ambientada no sul dos Estados Unidos sobre dos adolescentes e namorados que deben enfrontar-se a escuros segredos que levan enmeigando ás súas famílias durante xeracións.

O’Connell ía interpretar ao protagonista masculino, pero tivo que deixar o papel por mor de supostos problemas co seu calendário de rodaxes. Viola Davis, Emma Thompson, Jeremy Irons, Emmy Rossum, Alice Anglert e Thomas Mann son os outros nomes xa confirmados no reparto.

Broderick Johnson, Andrew Kosove e Erwin Stoff son os produtores. A rodaxe debe escomezar a finais deste mes en New Orleans.