A equipa de guionistas que asinou a triloxía cinematográfica d’O Señor dos Anéis, formada polo director Peter Jackson, Fran Walsh e Philippa Boyens veñen de se unir xa oficialmente á produción que dirixirá o mexicano Guillermo del Toro para escribir os guións dos dous filmes planeados baseados en O Hobbit.
A redacción do libreto xa escomezou hai uns días segundo revelou o mesmo del Toro e a rodaxe está prevista para escomezar a primeiros de outono de 2009 en Nova Celándia.
Os informes apuntan a que a Metro Goldwyn Meyer está á procura de finanzamento por 600 millóns de dólares para poder producir algunhas das súas meirandes películas, e que unha grande parte deses cartos destiñarán-se a O Hobbit.