A Sony relanzará a Sabrina

0
147

Visto como están a funcionar os remakes no mundo do fantástico, a Sony Pictures ocurri-se-lle a ideia de facer unha nova versión de Sabrina The Teenage Witch.

A bruxa adolescente orixinal procede dos anos 60, apareceu por primeira vez nas páxinas dos cómics de Archie e foi xa adaptada a várias séries de debuxos animados, pero os fans ainda teñen fresca na memória a última encarnación na pequena pantalla nunha comédia de situación que protagonizou Melissa Joan Hart dende 1996 até 2003.

O novo proxecto consiste nunha longametraxe con acción real no que Sabrina é unha superheroína. O argumento do filme esencialmente iría sobre como debe esforzar-se para se afacer aos seus poderes.

Andrew Barrer e Gabriel Ferrari escribiron o guión, mentres que Don Murphy e Susan Montford encárgan-se da produción. Mark Waters podería ser o director, pero isto dependerá do seu calendário de traballo.