Así será o novo Curtacircuíto

0
142

Polo que se di, Johnny 5 non vai ser o único que teña unha nova fasquía no vindeiro remake do clásico dos anos 80 Curtacircuito, porque o director desta nova versión, Tim Hill, ten algúns plans para reinventar o filme que conta a súa história.

Hill dixo nunha recente entrevista que o tema do filme é hoxe en día moi importante: “Vivimos nesta era dos robots, particularmente no que se refire á guerra. Temos drons que loitan por nós, fan todo ese traballo que homes e mulleres non queren facer. E iso é o que fai isto tan interesante — cousas coma este intre na história cando Johnny se decata de que vai ser desmontado e contempla á morte, e se é correcto rematar coa vida doutro,… estes son temas graves para unha película familiar, pero coido que poden ter o seu lugar“.

Asemade, a nova versión vai-lle quitar anos ao papel da Ally Sheedy do orixinal – aquí ela será unha adolescente ou unha preadolescente que dará ao filme tanto un ángulo familiar coma unha dimensión de “bós desexos”.

E respeito ao deseño de Johnny 5 Hill dixo: “estou tentado de ir atrás e coller ao orixinal. Pero coido que ten que estar mais próximo ao que é o deseño moderno en realidade. Hai modelos de computador e laboratórios desenvolvendo máquinas reais coma esta. Queremos facer algocoma iso. Tedes que atopar o equilíbrio entre algo agresivo e algo entrañábel. O orixinal era mono. Pero ninguén sentiu-se ameazado por el“.