Dwayne Johnson protagonizará Lore

0
225

O nome de Dwayne Johnson aparece nestes intres claramente vencellado coma protagonista ao proxecto do filme de acción e ciéncia-ficción Lore, que ten en preparación a Warner Bros. Pictures.

Descrito coma un “Men in Black con creaturas mitolóxicas“, o argumento vai sobre a sociedade secreta dos Pastores, os gardiáns que manteñen ao noso mundo a salvo das intrusións das creaturas mitolóxicas. Pero cando se rache a liña xeraciónal dos pastores, un heroe a contragosto atopará que a súa vida é ameazada dende todos os recunchos, e que as creaturas están a regresar.

Cory Goodman e Jeremy Lott adaptaron o guión a partir da minisérie de novelas gráficas orixinais de Ashley Wood e T.P. Louise editadas pola IDW Publising. Andrew Lazar, David Alpert e Rick Jacobs serán os produtores.