Os candidatos a atrapar o lume

0
172

Após da espantada de Gary Ross, a Lionsgate está agora a se devanar os miolos para atopar un sustituto do director de The Hunger Games para a súa vindeira secuela, Catching Fire. E non vai ser doado, porque deberá ser alguén que poida asegurar que o comezo da rodaxe se produza este mesmo mes de agosto, e por suposto alguén a quen lle dea a súa aprobación a autora dos libros nos que se basea o filme, a escritora Suzanne Collins.

Segundo várias fontes, a Lionsgate ten xa preparada unha listaxe prévia de candidatos, con sete ou oito nomes que poderían encher os requisitos. O interesante é que entre os candidatos están algúns nomes de directores sobranceiros coma Alfonso Cuarón (Harry Potter and the Prisoner of Azkaban), David Cronenberg (A History of Violence) e Alejandro Gonzalez Iñárritu (Babel).

En todo caso, agárda-se que a elección do afortunado sexa axiña, para que poida escomezar co traballo de arranxar o argumento xunto ao guionista Simon Beaufoy e mais a escritora Suzanne Collins.