Wirkola encárga-se de dirixir Afterburn

0
153

Tommy Wirkola (Hansel and Gretel: Witch Hunters, Dead Snow) será o encargado de reescribir o guión e de dirixir a adaptación ao cinema do cómic de ciéncia-ficción Afterburn para a Relativity Media.

A história, baseada na novela gráfica de Scott Chitwood e Paul Ens, está ambientada nun futuro onde as lapas solares convereron a metade do mundo nun deserto queimado e inhabitábel. Gerard Butler será o protagonista do filme, no papel dun cazador de tesouros que lidera ao seu quipo dentro da zona de cuarentena, loitando contra saqueadores riváis, exércitos de delincuentes, bandas de piratas e mutantes letáis ao longo do seu camiño.

Este é un proxecto que xa ven de hai moitos anos atrás, e ainda que Gerard Butler fica vencellado ao papel protagonista, o anterior director Antoine Fuqua abandonou a produción. Neal Moritz, Toby Jaffe, Tobey Maguire e Ryan Kavanaugh serán os produtores.