Todo o que precisa Blunt é morrer

0
186

Emily Blunt está a negociar a súa participación coma protagonista xunto a Tom Cruise no vindeiro filme de guerra e ciéncia-ficción All You Need Is Kill que dirixirá Doug Liman na Warner Bros. Pictures.

Cruise interpreta a un soldado raso que morre en combate pero que renace todos os días e morre unha e outra vez. Pouco a pouco tenta adestrar-se a si mesmo para ser un millor soldado, coa esperanza de cambiar o seu destino. Blunt faría o papel de Valkyrie One, un dos millores soldados da humanidade.

Blunt ademais está a competir xunto a Emma Stone e Kristen Wiig polo papel feminino protagonista no remake de The Thin Man xunto a Johnny Depp.