O mundo do río á TV

0
160

O martes coñeceu-se a venda dos dereitos sobre a série de novelas e contos O mundo do río (Riverworld), do autor americano de ciéncia-ficción Philip Jose Farmer, á produtora de TV Hallmark Productions. Farmer, que xa conta con 90 anos, foi homenaxeado na “90th Annual” FarmerCon en Peoria (Illinois). Esta convención ven-se celebrando nos últimos tres anos para celebrar a vida e obra do famoso escritor.