Haunter axunta mais actores

0
215

Stephen McHattie (Immortals), Peter Outerbridge (Saw VI) e mais Michelle Nolden (The Time Traveler’s Wife) veñen de unir os seus nomes ao reparto do vindeiro filme de Vincenzo Natali, a película independente Haunter, que a produtora describe coma “un conto de pantasmas ao revés”.

Abigal Breslin e David Hewlett son os protagonistas deste filme sobre unha adolescente que morreu en 1986 xunto á súa família, pero que ainda fican sen poderen saír da súa casa. Brian King escribiu o guión.

A rodaxe escomezará o vindeiro 19 de maio en Toronto e Brantford, na província de Ontário (Canadá). Steven Hoban e Mark Smith son os produtores.