Alter, acción nun burato negro

0
132

A Voltage Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión de John e Thomas Sonntag, un thriller de ciéncia-ficción titulado Alter.

Polo de agora o único que se sabe é que a história vai sobre un grupo de científicos a bordo dunha nave espacial que está a monitorear as actividades nos arredores dun burato negro, cando de súpeto reciben unha transmisión que amosa as súas mortes a mans duns misteriosos aliens.

Polo de agora só ven de escomezar a procura dun director. A Benderspink e mais Stephen L’Heureux serán os produtores.