A viaxe do señor Sapo

0
160

A Disney Pictures está disposta a converter a outra das suas famosas atraccións de feira nun parque temático nunha longametraxe que combine acción real con gráficos xerados por computador. Após d’Os Piratas do Caribe e de Matterhorn (esta ainda en desenvolvemento) chéga-lle o turno a Mr. Toad’s Wild Ride.

A atracción estaba baseada nun dos dous segmentos que compuñan o filme da Disney de 1949 The Adventures of Ichabod and Mr. Toad, concretamente o que adaptaba algunhas partes do clásico literário de 1908 de Kenneth Grahame O vento nos salgueiros (The Wind In The Willows). Ademais, a atracción é unha das poucas que continúan activas dende o día da inauguración do parque en 1955.

O director de anúncios e vídeoclips Pete Candeland será o encargado desta longametraxe, mentres que Justin Springer (Tron: Legacy) será o produtor do proxecto, que aínda segue á procura de guionistas.