Goblins, os trasnos para nenos

0
148

A compañía de animación produtora de Coraline e ParaNorman, a Laika, ven de se facer cos deitos para levar ao cinema o libro para nenos Goblins, orixinal de Philip Reeve, o autor de Mortal Engine.

A história está ambientada nun mundo de trasnos desenfrenados, maleducados e totalmente sedentos de sangue que viven nas xigantescxas ruinas do castelo de Clovenstone e pasan o tempo en loitas inútiles, saqueando e ameazando ás vilas veciñas. Só o intelixente mozo Skarper entende que unha máxia antiga e poderosa creada por un meigo derrotado está a regresar.

O director de animación de Fantastic Mr. Fox, Mark Gustafson, será o encargado de dirixir este proxecto que incluirá unha chea de seres típicos dos contos e de creaturas fantásticas, incluindo xigantes, fadas, monstros das gándaras e guerreiros das árbores.