Stephenie Meyer pása-se á produción

0
143

A Fickle Fish Films, produtora creada por Stephenie Meyer, autora da saga de Twilight, ven de se facer cos dereitos cinematográficos sobre a novela de suspense para adolescentes Down a Dark Hall, escrita en 1974 por Lois Duncan.

A história está ambientada ao redor do enmeigado e tráxico pasado do internado de Blackwood e dos seus misteriosos estudantes, de entre os cales o recén chegado será o que descubra e resolva o mistério.

O habitual produtor da saga de Twilight Wyck Godfrey podería-se ocupar tamén deste proxecto. Esta non sería a primeira vez que unha obra da escritora Lois Duncan chega á pantalla grande, porque xa duas anteriores obras súas foron tradaptadas, e nun caso con grande éxito: Hotel for Dogs e I Know What You Did Last Summer (Sei o que fixestes o último verán).