“Battle Angel” chegará após de Avatar

0
208

As boas novas para os fans do manga son que James Cameron aínda está desexando facer a adaptación de Battle Angel, a saga de Yukito Kishiro, á pantalla grande. Pero as malas novas son que ainda haberá que agardar moito para iso, porque o realizador canadiano ven de revelarnunha entrevista coa MTV que as secuelas de Avatar teñen preferéncia e que o manterán ocupado durante os vindeiros anos.

O manga Battle Angel Alita está ambientado nun mundo do século XXVI cominado polos cíborgs e onde unha rapaza no corpo dun cíborg é atopada en estado de ruína e reparada. Ela decáta-se de que perdeu a memória e de que nin seguera sabe quen é realmente.

Battle Angel é unha história xenial… pero vexo o ben que a franquía de Avatar pode facer en termos de manter a unha audiéncia mundial coñecedora da nosa relación coa natureza, pero facéndo-o nun contexto de entretimento. Ao cabo, coido que hai mais ben que facer aí que con Battle Angel“, confesou Cameron.

Preguntado se permitiría que outro director se encarga-se do proxecto, Cameron dixo: “terían-mo que arrincar das miñas mans frías e mortas… pero por outra banda, tampouco quero leva-lo conmigo á miña tumba“.