Poli bó, poli maníaco

899

Nicolas Winding Refn, o director responsábel de Drive e Bronson, está próximo a pechar un acordo polo que se encargaría de producir unha precuela (ou remake, que ainda non está claro) do clásico de culto de terror do ano 1988 Maniac Cop.

O guionista do filme orixinal, Larry Cohen, e mais o seu director William Lustig serían os produtores desta posta ao día. De feito, Cohen dixo nunha entrevista: “vai ser mais unha precuela ca calqueroutra cousa, estou realmente emocionado de regresar a este mundo, especialmente dende que sei que Nick (Winding Refn) vai ser parte del. Nick leva falando connosco moito tempo e eu tiña a ideia de que ía funcionar, así que imos face-lo“. O protagonista do filme, Bruce Campbell, non está vencellado a este remake.

Cohen dixo que o filme manterá esa fasquía de cómic de cinema negro que se reproduciu n os tres primeiros filmes, pero que desta volta contarán cun orzamento maior. De todos os xeitos, engadiu que “o proxecto non está asinado ao 100 % pero está moi preto“.