Clare e Black escriben o Xuízo de Ferro

901

A Constantin Film, compañía responsábel da franquía de The Resident Evil, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema The Iron Trail, o primeiro libro dunha nova saga de novelas fantásticas dirixida aos adolescentes que chega grazas ao traballo conxunto das aclamadas escritoras Cassandra Clare (The Mortal Instruments) e Holly Black (The Spiderwick Chronicles).

A série, aínda sen publicar, narrará as aventuras dun neno de 12 anos chamado Callum Hunt, quen medrou aprendendo tres regras de memória: nunca confíes nun meigo, nunca aprobes un exame que che dea un meigo e nunca permitas que un meigo che leve ao Magisterium. Callum está por rachar as tres regras. E cando o faga, a súa vida vai mudar de xeitos que non pode nin imaxinar.

Clare e Black escribirán o guión para o cinema e ademáis serán as produtoras executivas. Robert Kulzer é o produtor.