Guy Pearce ven de escomezar a negociar os derradeiros flecos do seu contrato para se unir ao reparto de Iron Man 3, o vindeiro filme que dirixirá Shane Black para a Marvel e mais a Disney.
Pearce interpretaría ao científico xenético Aldrich Killian, o co-creador da tecnoloxía Extremis que Iron Man adopta após de que Killian a venda aos terroristas. O argumento deste filme está baseado na mini-série de seis números do cómic orixinal de Warren Ellis, e vai esencialmente de como se espalla un virus grazas á nanotecnoloxía.
De sair adiante as conversas, Pearce uniría-se a un reparto no que xa figuran Robert Downey Jr., Gwyneth Paltrow, Don Cheadle e Scarlett Johansson, ademais de Ben Kingsley. A rodaxe escomezará en maio en Carolina do Norde.