A Universal está por se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión de ciéncia-ficción titulado Agent 13, que conta con Charlize Theron coma protagonista e ao realizador de Rise of the Planet of the Apes, Rupert Wyatt, coma director.
T.S. Nowlin escribiu o guión, que seica está baseado nunha triloxía de novelas e cómics dos anos 80 pouco coñecidas, que á súa vez eran unha homenaxe ás histórias pulp dos anos 30. Nos cómics, o Axente 13 é un home, e neste proxecto de filme segue a se-lo, así que Theron fai un papel distinto.
O que ainda non se sabe é se esta será unha aventura orixinal protagonizada polos persoaxes das novelas e dos cómics, ou se será unha adaptación dalgunha das tres histórias The Invisible Empire, The Serpentine Assassin ou Acolytes of Darkness. Theron e Sean Daniels serán os produtores.