Brad Peyton dirixirá ao Lobo

0
230

Brad Peyton (Journey 2: The Mysterious Island) é o encargado de re-escribir o guión e de dirixir a adaptación á pantalla grande do persoaxe da DC Comics Lobo para a Warner Bros. Pictures.

Nos cómics, Lobo é un cazarrecompensas interestelar álien. O anti-heroe, de dous metros e trece centímetros de alto, pel de cór azul, indestructible e musculoso, conduce unha moto tuneada e chega á Terra coa intención de atrapar a catro fuxitivos que se fugaron e están a causar o caos.

Lobo asócia-se cunha rapaza adolescente dunha pequena vila para detér ás creaturas. Joel Silver, Akiva Goldsman e Andrew Rona serán os produtores.

O proxecto leva en desenvolvemento vários anos, e a última vez que oíramos falar del Guy Ritchie ía ser o director.