Rich Ross deixa a Walt Disney Studios

0
295

O presidente da Walt Disney Studios, Rich Ross, ven de deixar o seu posto após de tan só 30 meses no cargo. Após do fracaso no despacho de billetes dos seus dous grandes proxectos “marcianos” (o do ano pasado Mars Needs Moms e o mais recente John Carter, que custou mais de 300 millóns de dólares) agardába-se que algunha cabeza rodase na Casa do Rato. E o feito de que sexa a cabeza de Ross non é ningunha sorpresa, especialmente despois de que M.T. Carney, o xefe de márketing, fose despedido a comezos deste mesmo ano.

Ross, responsábel de converter ao Disney Channel nunha canle de importáncia mundial, foi ascendido ao posto de Presidente en outubro de 2009 sucedendo no cargo a Dick Cook, quen até daquela levara unha longa e exitosa carreira de sete anos recoñecida por todos. Moitos preguntáron-se naquel intre se un executivo da televisión podería ser capaz de manexar os fíos dunha estudos de cinema tan salientábeis, o que agora semella unha pregunta xa con resposta, e negativa.

Ainda que o ano pasado a Disney puido capear o temporal grazas aos éxitos no despacho de billetes de Alice in Wonderland e Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, ambos foran proxectos que proviñan dos tempos de Cook. Ross fíxo-se famoso e non precisamente no bó sentido, por adiar e non dar a luz verde a proxectos que non puideron saír adiante pola súa culpa. De feito, seica durante o seu mandato tan só houbo cartos para a división de animación, os títulos da Dreamworks, os da Marvel e uns pouquísimos que pasaron a súa peneira coma The Lone Ranger e Maleficent.

Polo de agora non se sabe quen será o seu sustituto á frente dos estudos, pero algúns comentaristas especulan cos nomes de Stacey Snider, John Lasseter e Kevin Feige.