Lawrence será o que prenda o lume

0
194

A Lionsgate decediu-se por fin co nome do director de Catching Fire, a secuela de The Hunger Games, e o agrazado será Francis Lawrence, responsábel de filmes coma I Am Legend e Water for Elephants.

Após da renúncia de Gary Ross a continuar no proxecto, vários foron os nomes que se barallaron durante estes días para se ocupar dunha franquía que vai camiño de ser moi rendíbel. Juan Antonio Bayona e Bennett Miller estiveron moi preto, pero ao cabo o seleccionado foi Lawrence. Outros nomes que tamén soaron dende hai un par de semanas foron os de Tomas Alfredson, Alejandro González Iñárritu, Cary Fukunaga e Duncan Jones.

Unha das principais razóns para a fichaxe de Lawrence é a súa dispoñibilidade actual, xa que os estudos queren escomezar a rodaxe a finais de agosto. A oferta oficial foi recebida antonte e se Lawrence acepta, tal e coma semella probábel, deberá escomezar a traballar canto antes. A súa primeira tarefa será a de colaborar co guionista Simon Beaufoy e mais coa autora das novelas orixinais, Suzanne Collins, para arranxar o guión.