Rourke e Dawson regresan a Sin City

0
184

Robert Rodriguez ven de confirmar que alomenos duas das súas estrelas do filme orixinal de 2005 Sin City, que adaptou á pantalla grande o cómic de Frank Miller, están dispostas a regresar para a próxima secuela.

Nunha entrevista concedida á MTV, Rodriguez dixo que “ainda temos que facer o cásting. Vou rodar Machete o mes que ven e logo pasaremos directametne a Sin City. Poderían coincidir en parte, pero ainda non fixemos ningún cásting, agás para a xente que xa sabemos que están connosco e van regresar… Veño de almorzar con Mickey [Rourke] esta fin de semana. Está moi emocionado de volver, pero é probábelmente o primeiro. Tamén vin a Rosario [Dawson]. Coincidín con ela para outro tema, e está encantada. Sempre estiveron desexando facer outra, así que vai ser divertido“.

Durante moito tempo Angelina Jolie estivo entre as candidatas para o proxecto, e Rodriguez respondeu á pregunta que “nin tan sequera atopei-me con ela ou con Frank para discutir sobre quen quereríamos que veña ou con quen falar primeiro. Este é un proceso divertido, pero probábelmente non sucederá até o mes que ven“.

A rodaxe para Sin City: A Dame to Kill For será en Austin (Texas) e escomezará este verán.