Kaufman adaptará a série do Caos Andante

0
164

Charlie Kaufman (Being John Malkovich) ven de ser contratado para escribir unha adaptación ao cinema de The Knife of Never Letting Go, o primeiro libro da triloxía de novelas para adolescentes de Patrick Ness Chaos Walking, gañadora de vários prémios e supervendas.

A história está ambientada nun futuro distópico onde os humanos colonizaron un planeta afastado pero semellante á Terra. Cando unha infección chamada “o Ruído” ataque a todos os seus habitantes, facendo que os pensamentos dos demáis sexan claramente audíbeis, toda privacidade será de súpeto eliminada.

No caos que segue, un autócrata corrupto ameaza con tomar o control dos asentamentos humanos e escomezar unha guerra contra unha raza alieníxena nativa, e só o xoven Todd Hewitt semella ser a chave para evitar a inminente destrución do planeta.

A Quadrant Pictures encargará-se da produción.