Grahame-Smith fala de Beetlejuice 2

0
199

O escritor Seth Grahame-Smith ven de revelar nunha recente entrevista que a vindeira chegada ás pantallas da adaptación ao cinema da súa novela satírica de terror Abraham Lincoln: Vampire Hunter será calificada para maiores de 18 anos.

Non imos matar a un bebé no filme, pero estamos calificados para maiores de 18. hai creaturas que se arrincan a cabeza, mulleres espidas interactuando con vampiros, membros voando, e sangue salpicándo-o todo. Xa sabes, hai unha violéncia sinistra e gore na película. Non imos avergoñarnos por iso“, dixo.

Grahame-Smith, que adaptou a súa própia novela e ademais escribiu o guión de Dark Shadows, o clásico da televisión dos anos 60 que chegará ao cinema o mes que ven, está ademais a traballar na secuela de Beetlejuice. Preguntado ao respeito, dixo que nin tan sequera intentaría facer o proxecto se tivese algún medo de estraga-lo.

O que estou a lle dicir á xente é que non quero face-lo a menos que realmente esteamos seguros de que paga a pena. A orixinal é unha das miñaspalículas favoritas, así que non quero facer O Fillo da Máscara. Mataríame antes que destruír o legado dun dos meus filmes favoritos. Agora mesmo debo á xente unha ideia e un tratamento, e aí é onde estamos xusto agora. Ainda estamos un pouco lonxe de ter novas ou movementos disto… agora mesmo estamos na etapa de “xa veremos“.