Rodriguez desencadeará Lume e Xeo

0
197

O realizador texano Robert Rodriguez confirmou que cando remate o seu traballo actual na segunda parte de Machete e a secuela de Sin City, o seu seguinte traballo será o remake da película de debuxos animados de Ralph Bakshi e Frank Frazetta de 1983 Fire and Ice.

Gerry Conway e Roy Thomas, que escribiran anteriormente histórias de Conan para a Marvel Comics, foron os autores do guión orixinal, unha aventura tipo Conan de fantasía na que o derradeiro supervivinte dunha aldea destruída e a mais princesa do país de Firekeep únen-se para deteren á malvada raíña de Icepeak e ao seu fillo, que queren destruír o mundo con glaciares.

Rodriguez dixo que “xa case rematamos o guión; xa case temos feito o 70 % aí. Estou moi emocionado on isto… a coordinación nas datas vai funcionar perfectamente, e teremos un guión rematado nun par de meses“.

O filme orixinal utilizara a técnica do rotoscópio, na que a animación debúxa-se sobre acción real filmada anteriormente (coma nos dous filmes de Bakshi The Lord of the Rings). A versión de Rodriguez será mais semellante á que utilizou en Sin City, rodada cun fondo de pantalla verde.