Christina Ricci, a Pitufiña malvada

0
160

Christina Ricci é a última incorporación ao reparto de voces da vindeira secuela de The Smurfs que prepara a Sony Pictures Animation.

A primeira película, baseada nos populares Pitufos creados polo debuxante belga Peyo, e que misturou gráficos xerados por computador con acción real, recadou 564 millóns de dólares en todo o mundo.

Ricci porá-lle a voz a un novo persoaxe chamado Vexi, unha versión malvada da Pitufiña (Katy Perry). Agárda-se que a maioría dos membros do elenco de actores orixinal regrese para esta continuación, que volverá a dirixir Raja Gosnell.