O remake de Poltergeist ten dous guionistas

0
177

PoltergeistJuliet Snowden e Stiles White diríxen-se cara á luz: os guionistas de Boogeyman serán os que desenvolvan o planeado remake do filme de terror de 1982 Poltergeist, aquel filme que fixo que a frase “Xa están aquí” soa-se tan terrorífica aos nosos oidos.

O Poltergeist orixinal fora dirixido por Tobe Hooper a partir dun guión de (entre outros) Steven Spielberg, e conseguiu miragrosamente evitar a calificación de “para maiores de 18 anos” mália ás súas escenas de nenos en constante perigo, un pallaso asasino, anacos de pel que caen da face, esqueletes e outros horrores. Aquel lanzamento da MGM/UA recadou 122 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo e gañou várias nominacións ao Oscar polos seus efectos especiais, creados pola Industrial Light & Magic, ademáis de polos efectos de són e pola banda sonora.

A história dun fogar dos suburbos construido sobre un cemitério índio que enmeiga á casa e mais o líder dunha seita composta por mortos fíxo-se ainda máis terrorífica cando as lendas urbás difundiron falsamente que dous dos nenos protagonistas morreran pouco despóis de se rematar a rodaxe. O filme tivo dúas secuelas, xa sen tanto éxito, e creou unha série de televisión que ainda se emite: Poltergeist: The Legacy.

Snowden e White non son uns recén chegados ao cinema de terror. Os guionistas xa asinaron o libreto de filmes coma Boogeyman (2005) dirixido por Sam Raimi e ademáis botaron unha man no remake nunca comezado de Os Paxaros para a Universal. E ademáis son os autores do guión de Knowing, a produción da Summit Entertainment dirixida por Alex Proyas e protagonizada por Nicolas Cage que debutará en marzo.