O exorcismo dos guionistas

0
233

Algúns dos manifestantesCantando “Fóra, demos, fóra!“, un grupo de máis de 65 guionistas de cinema de terror escenificaron un exorcismo fronte as portas dos estudos da Warner Brothers en Burbank (Califórnia) o pasado 27 de novembro, como parte da folga de guionistas de Hollywood.

Os piquetes levaban postas camisetas co lema “Guionistas de terror en folga: comemos esquirois“. Outros guionistas levaban postos traxes de curas e monxas e botaron auga bendita. O obxectivo era “librar-nos do mal que infesta os estudos“, segundo dixeron.

A ideia para o exorcismo xurdiu de Scott Kosar, quen escribiu os remakes dos clásicos de terror dos anos 70 A Masacre de Texas e o Terror de Amityville.

Entre os guionistas que participaron na charada estaban Steve Niles (30 Days of Night), Mick Garris (Masters of Horror), Stephen Susco (The Grudge) e Drew McWeeny (Masters of Horror).