Farrell nun Conto de Inverno

0
249

Colin Farrell ven de recebir unha oferta para protagonizar o vindeiro drama sobrenatural de Akiva Goldsman Winter’s Tale, que contará cun orzamento de 75 millóns de dólares na Warner Bros. Pictures.

Baseada na novela orixinal de Mark Helprin escrita en 1983, a história vai sobre un xoven ladrón que está a fuxir e entra na casa dun home rico, onde remata por se namorar da súa filla, terminalmente enferma.

Agárda-se que Russell Crowe e Will Smith reciban senllas ofertas para participar no filme en papeis secundários, mentres que Jessica Brown Findlay (Downton Abbey) foi xa seleccionadano cásting.

Os nomes de Luke Evans, Garrett Hedlund, Liam Hemsworth, Aaron Johnson e Benjamin Walker están tamén sobre a mesa para este proxecto e se Farrell non acepta, ún deles pasaría a ser o seguinte candidato.

A rodaxe en todo caso escomezará en New York o vindeiro 15 de outubro.