Hai outro Hulk en marcha?

0
197

Após de dúas películas que mais se poden considerar fracasos ca éxitos no despacho de billetes, a Marvel semellaba que non ía dar outra oportunidade ao Incríbel Hulk na pantalla grande. Pero entón chegou o filme dos Vingadores.

As primeiras críticas citan unánimemente a interpretación de Mark Ruffalo no papel do xigante verde coma unha das cousas a salientar neste filme, xa de por si grandioso, no que se pode considerar coma a primeira crítica positiva que recibe o persoaxe. As loubanzas á actuación de Ruffalo non pasaron desapercibidas para Kevin Feige, produtor da Marvel, e ainda que hai un par de semanas dixo que non tiña plans para facer outro filme de Hulk, podería estar a reconsiderar a súa postura.

De feito, nunha entrevista coa revista Forbes, o representante da Marvel Paul Glitter dixo que a compañía podería retomar ao persoaxe para facer un programa detelevisión o ano que ven, e logo un novo filme na pantalla grande para 2015.

Ruffalo pola súa banda asinou un contrato coa Marvel que o obriga a rodar seis películas para os estudos. A custión é se esta entrada pola porta grande será abondo para que Hulk continúe véndo-se nun filme para el só ou se a seguinte vez que o vexamos será de novo xunto co resto dos Vingadores, un escenários que polo de agora está mais preto da realidade e en liña coas intencións de Kevin Feige.