Halo 4 terá unha série de seu na Web

0
344

Ainda que os intentos de levar a franquía ao cinema non están a ter ningún éxito, o lanzamento do videoxogo Halo 4 este outono suporá ademais a aparición dunha série Web con acción real e que levará por título Halo 4: Forward Unto Dawn.

A Microsoft producirá esta série para Internet, que consistirá en curtas de 15 minutos cada unha cunha história diferente e orixinal sobre o Xefe Mestre e como inspiraron a un xoven cadete da UNSC a se converter nun líder a bordo da UNSC Infinity.

Este cadete, segndo din, estará directamente vencellado ao argumento do novo xogo. Os detalles de todos os xeitos non serán dados a coñecer até o mes de xullo, cando se anúncien no decurso da Comic Con.

O proxecto marcará o investimento mais grande feito polo de agora pola Microsoft ao redor deste xogo e podería ser, se todo sae ben, o prelúdio para a tan agardada película nas salas de cinema.