A vinganza do mapache furioso

0
210

A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela gráfica Rascal Raccoon’s Raging Revenge.

Creada por Brendan Hay e Justin Wagner, a história está ambientada nun lugar chamado Toonie Terrace onde os rebuldeiros e simpáticos Toonies sempre vencen aos malvados Meanies, que queren acabar con eles.

O argumento do filme irá sobre cando Rascal Raccoon finalmente e de xeito inesperado mata ao seu inimigo habitual, Jumpin’ Jackalope. Necesitado dun novo obxectivo na vida, pon o seu punto de mira no animador que o creou a el. O filme será unha mistura de acción real e gráficos xerados pro computador, tipo Os Pitufos.

Todd Strauss-Schulson (A Very Harold & Kumar Christmas) é polo de agora o nome vencellado á dirección, Matt Fogel adaptará o guión e Eric Gitter e Ken Franchi serán os produtores.