Tal e coma informáramos previamente, a presentación do filme en 48 cadros por segundo (FPS) d’O Hobbit de Peter Jackson na CinemaCon en Las Vegas a pasada fin de semana acarreou unha chea de queixas por parte de xornalistas, críticos e afeccionados, pero tamén de empresários donos de salas de cinema.
E coma é precisamente a estes últimos aos que mais debe temer Jackson, por fin dignou-se a responder nunha recente entrevista, na que xustificou os seus 48 fps decindo que “ao princípio fai-se raro porque nunca viches un filme coma este antes. É literalmente unha nova experiéncia, pero xa sabes, iso non dura toda a película, a presentación foron só 10 minutos. Esa é unha experiéncia distinta de se vas ver unha montaxe rápida nunha presentación técnica“.
Jackson afirmou que leu moitas das críticas destes días, e que de feito notou que algúns afixéron-se a medida que ían pasando as escenas: “un par dos comentaristas mais críticos da CinemaCon dixeron que na escena de Gollum e Bilbo [que ten lugar ao final da presentación] xa non lles importaba e que se afixeran a ela. E eses foron os mesmos 48 fotogramas por segundo có resto da fita. Pregúnto-me se se decataron do diálogo, os persoaxes e o argumento. Iso é o que acontece na película. Acostúmas-te a ela“.
O representante da Warners Dan Fellman dixo que coida que algunhas das críticas negativas forn debidas a que a película está sen rematar: “coido que cando presente o filme rematado, a maioría dos espectadores o aceptará e estarán encantados“. Jackson pediu-lle áxente que espere a ver o produto rematado e que xulguen por si mesmos: “só pode haber unha reacción auténtica, verdadeira, cando axente de verdade teña a oportunidade de ver unha narración completa nun filme concreto“.
Polo de agora o que resulta mais abraiante é que a película será exhibida en seis formatos distintos: 24 FPS 2D, 24 FPS 3D, 24 FPS IMAX 3D, 48 FPS 2D, 48 FPS 3D e 48 FPS IMAX 3D.