Max Landis dá pistas verbo Chronicle 2

585

O guionista de Chronicle, Max Landis, visitou recentemente Dubái e concedeu unha longa entrevista a un médio local na que falou da secuela do seu filme. Landis está xa a escribir o guión da segunda parte, que seica irá sobre a continuación dos acontecementos narrados na primeira película.

A película que víchedes (Chronicle) na secuela, é unha cousa. Esas secuéncias editadas son unha cousa. Así que non é coma se dixéramos “atopamos esta fita após de que os rapaces morreran”. Non podes negar que os coches foron lanzados ao aire en Seattle. Víchedes todos eses helicópteros. O mundo cambiou. Ese é o fin de Chronicle. E as cousas van ser diferentes agora. Xa non poden agochar o que aconteceu“, dixo Landis.

O actor australián Alex Russell regresará posíbelmente no papel de Matt Garetty. “Encantou-me Matt, e sentin-me realmente mal por el porque entendín o emocionalmente lacazán que é e como realmente non fai o que está a facer. E por iso fíxen-lle pasar por un inferno en Chronicle 2“, dixo Landis, que engadiu que esencialmente o filme será sore o primeiro superfalcatruán do mundo.

Unha persoa que posíbelmente non regresará será o director Josh Trank: “Probabelmente non. Josh xa está ocupado con outros proxectos. Eu tamén estou ocupado con outros proxectos, pero Chronicle é realmente o meu meniño. Josh estaría vencellado probábelmente dalgún xeito pero agora mesmo só quero rematar co guión“.