A Disney lé no Cemitério de Gaiman

0
149

A Disney Pictures gañou unha reñida poxa para se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela gañadora do prémio Newberry de Neil Gaiman The Graveyard Book.

A história vai sobre un rapaz chamado Nobody Owens que é criado por pantasmas nun cemitério após de que a súa família sexa asasinada. Cando é un adolescente, é perseguido outra vez polo asasino da súa família, un home chamado “The Man Jack”.

O director de Coraline e The Nightmare Before Christmas, Henry Selick, será o encargado dessta adaptación. Selick está arestora rematando o seu traballo nun filme aínda sen título da Disney, que está baseado nun guión del mesmo e que queren manter en segredo. Este proxecto será o primeiro froito da colaboración entre a Disney e mais a Pixar que asinaron en 2010.

Gil Netter e Ben Browning serán os produtores. Tanto a Miramax coma o realizador Neil Jordan tentaran con anterioridade facer un filme baseado en The Graveyard Book, pero os proxectos fracasaron.