Sam Raimi producirá o remake de Poltergeist

0
192

Sam Raimi será o produtor do remake do clásico do terror de 1982 Poltergeist pola MGM.

O mesmo có orixinal, a história enfóca-se nunha família cuxa casa está asentada sobre un antigo cemitério índio e cuxa filla é secuestrada polas pantasmas. David Lindsay-Abaire (Oz: The Great and Powerful) está a traballar no guión.

Raimi non será o director deste remake, pero axudará na procura dun candidato axeitado. Este é ún dos dous remakes nos que está a traballar nestes intres a MGM, o outro é Carrie. E ademais, pola súa banda, Raimi está tamén vencellado ao remake doutro clásico do terror dos anos 80, Evil Dead, que dirixiu el mesmo.