Julie Plec adápta-se aos meigallos hindús

859

A responsábel da série de televisión The Vampire Diaries Julie Plec escribirá o guión para a aventura épica The Tiger’s Curse que coproducirán a Paramount Pictures e mais a Disruption Entertainment.

A história é unha adaptación da novela para adolescentes do mesmo título da autora Colleen Houck, e vai sobre unha rapaza de 17 anos que toma un traballo temporal coma coidadora dun tigre branco no circo da súa localidade.

Alí descubrirá que o tigre é un príncipe índio enmeigado que se converte en home durante 24 minutos ao día. Xuntos embarcarán-se nunha aventura para tentar desfacer o meigallo a través de exóticos lugares na Índia e enfrontarán-se aos deuses do panteón hindú.

O libro publicou-se en forma de e-book pola própia autora antes de que a editorial Splinter Publishing decidi-se mercar os dereitos e lanza-lo en papel o pasado mes de xaneiro. A Paramount xa se fixera cos dereitos para levar a história ao cinema en decembro.