Regresará Jericho na Netflix?

1275

A Netflix está a disfrutar estes días da publicidade que lle acarreou ser a responsábel da resurrección da série de televisión Arrested Development e seica está á procura doutras séries cun bó número de fans que foran canceladas nas canles mais importantes nos últimos tempos, coa ideia de revivi-las e continuar facendo episódios que desta volta só poderán ser disfrutados polos seus clientes do servizo de streaming ou de envío de discos a domicílio (só dispoñíbel nos Estados Unidos).

Deste xeito, puidenmos ver como se fixeron algúns intentos por recoller o testemuño de Terra Nova hai unhas semanas, que non fructificaron por mor dos altos custes de produción, e agora seica están en marcha conversas para continuar con Jericho, unha série de ciéncia-ficción que pode presumir de ter uns fans moi activos (xa unha vez acadaron que a série non fose cancelada) pero se cadra non abondo numerosos como para facer rendíbel a súa emisión en aberto pola CBS.

A série orixinal ía sobre a vila fictícia de Jericho, en Kansas, após de que un ataque nuclear destruíse 23 cidades dos Estados Unidos. O programa comezou a se emitir en setembro de 2006 até marzo de 2008, cando foi cancelado pola baixa audiéncia. Nombergantes, unha campaña masiva de cartas convenceu aos executivos de facer unha segunda tempada, esta vez só con sete episódios, e despois foi cancelada outra vez xa definitivamente en novembro dese mesmo ano.

En 2007, Jericho foi calificada no posto 11 entre as séries de culto mais importantes de todos os tempos. En 2009 anunciáron-se plans para facer unha película, pero o único proxecto que saiu adiante foi a súa continuación en cómics. O grande desafío é facer que este novo intento sexa viábel económicamente tanto para a Netflix coma para a CBS, dona dos dereitos.