Natali e di Bonaventura achégan-nos ao Neuromante

912

A Seven Arts Entertainment Inc. e mais a Prodigy Pictures unirán as súas forzas coas da di Bonaventura Pictures para producir a longamente agardada adaptación ao cinema da novela clásica de ciéncia-ficción de 1984 Neuromancer, orixinal de William Gibson.

A novela é considerada coma a primeira obra mestra do cyberpunk e a história vai sobre un hacker canso da súa profesión que é contratado por un misterioso empresário para que traballe nun caso definitivo. A coprodución americana, canadiana e húngara contará cun orzamento de tan só 60 millóns de dólares, o que semella modesto para os nosos días e tendo en conta o salientábel do libro no que se basea o filme.

En 1989 apareceu un videoxogo para computador baseado no libro, e en 1999 publicou-se unha novela gráfica adaptando a obra orixinal, pero ainda que houbo moitos intentos por facer unha película, ningún deles saiu adiante até agora.

Vincenzo Natali (Cube, Splice) será o director, e Lorenzo di Bonaventura, Mark Vahradian, Jay Firestone e Steve Hoban encargarán-se da produción. A rodaxe escomezará a finais deste ano.