Cruise e Raimi en Sleeper

830

SleeperTom Cruise e mais o director da triloxía de Spiderman, Sam Raimi, axuntarán-se en Sleeper, unha adaptación da novela gráfica de ciéncia ficción do mesmo título e que producirá a Warner Bros. Cruise sería en princípio o protagonista, ainda que isto non é seguro.

A adaptación deste cómic editado pola DC Comics/Wildstorm estará producido por Raimi e mais o seu parceiro Josh Donen a través da súa compañía Star Road Entertainment.

Escrita por Ed Brubaker e debuxada por Sean Phillips, a série de Sleeper – que apareceu dende 2003 a 2005 – céntra-se nun obreiro que se fusiona cun artefacto extraterrestre, o que lle fai invulnerábel á dór e lle permite transferir-se ao corpo dos outros a través do contacto físico. É recrutado por unha axéncia estatal de intelixéncia para se infiltrar nunha organización de mafiosos, pero alí namóra-se dunha membro do grupo, chamada Miss Misery.

Sleeper é o terceiro proxecto ao que se asócia Cruise no decurso das dúas últimas semanas.