Evil Dead vs. Evil Dead

897

A rodaxe do remake de Evil Dead (Posesión Infernal, na súa versión española) escomezou a semana pasada en Nova Celándia, e ao mesmo tempo que se rexistraba nos xulgados unha demanda referida á franquía.

A Renaissance Pictures, a empresa que Sam Raimi e Robert Tapert crearon en 1979 para produciren a fita orixinal de Evil Dead, demandou á Award Pictures por infracción de marca rexistrada e por danos ocasionados por mor da intención feita pública da Award de produciren un Evil Dead de seu, que titularán Evil Dead 4: Consequences.

A Award Pictures pola súa banda afirma que nunha entrevista concedida no ano 2000 Raimi dixo que “nunca imos facer unha secuela“, polo que iso sinificaría que estaba a abandoar os seus supostos dereitos de marca rexistrada sobre a franquía dende hai decenas de anos.

O remake dirixido por Fede Alvarez, que produce a Ghost House Pictures (estudos propiedade de Raimi) non se verá afectado por esta demanda e continuará rondándo-se até o mes de xullo.