Smith quere refacer Promoción Fantasma

0
207

Seica a produtora de Will Smith está interesada en facer un remake da recente comédia española de Javier Ruiz Caldera Promoción Fantasma.

O filme orixinal, estreado este mesmo mes de febreiro nalgunhas salas de cinema en España, vai sobre un profesor con poderes paranormais que axuda a un grupo de pantasmas encerradas nun coléxio maior onde morreron hai dez anos nun incéndio.

Polo de agora non hai plans de que Smith protagonice a película, e a súa productora está xa a procurar un guionista para que escriba a adaptación.