Michael Arndt escribirá Catching Fire

0
202

O guionista gañador dun Oscar Michael Arndt (Little Miss Sunshine, Toy Story 3) está en conversas para se encargar da re-escritura do libreto da vindeira secuela de The Hunger Games, o filme en preparación Catching Fire para a Lionsgate.

O guionista de Slumdog Millionaire Simon Beaufoy fora o autor orixinal da adaptación da novela de Suzanne Collins e o seu guión mantívo-se en pé mentres que Gary Ross estivo vencellado á dirección, pero agora que Francis Lawrence sustituiu a Ross, encargou-se un novo guión.

En calquera caso, Arndt terá que traballar rápido porque a produción está a avanzar a toda presa e xa para agosto debe escomezar a rodaxe.